SITO CARRACEDO, ARTESÁN TERMO-HIGRÓMETRO EL HIGROTAPÓN PALLETA MALDITA GALERÍA TENDA CARRACEDO INICIO
Si prefire ver esta páxina en español...

ARTESÁN

  Sito Carracedo é un reconocido artesán pola súa labor de investigación e construcción de diferentes tipos de gaitas europeas.

  Xunto con Antón Corral, o seu primeiro mestre, aprende a toca-la gaita, a construíla e a facer palletas. Comeza ós 21 anos a construír instrumentos no seu primeiro taller ( gaitas, pitos, requintas e tamboril), e fai varias exposicións por Galicia, Asturias, Madrid, e Francia.

  Despois de pasados anos e adquirir coñecementos e experiencias, chega a construír:
• VILLEAM PIPE
• SMALL PIPE (Northumbrian)
• DUDELSACK
• GAITA DE BARQUÍN ( Gaita do sur de Galicia que se deixou de tocar fai un século)
• GAITA GALEGA ( tonalidades: re, do sib, e diferentes madeiras)


  O prezo destas gaitas é variable según as condicións que o cliente poida esixir. De feito, o seu traballo é para clientes interesados nun instrumento personalizado. Gaitas que normalmente constrúe:
• Gaita galega ébano, anelada en plata, c/ronqueta, fol de coiro ( van con estuche ríxido todas).
• Gaita galega buxo, anelada en corno, c/ ronqueta, fol de coiro.
• Gaita galega cocobolo, anelada en alpaca, c/ronqueta, fol de coiro.
• Gaita galega granadillo, anelada en plata, c/ronqueta, fol de coiro.

  Pero as inquietudes e necesidade de investigar e coñecer máis sobre o complexo mundo da gaita, levao a aceptar o reto de recuperar a SACKPFEIFEN, gaita da zona sueva (Balingen - Alemania) que se deixou de tocar o século pasado e da que só se conservaban grabados e algún libro con fotos. Despois de un ano de intenso traballo o resultado foi todo un éxito e Sito visita entón en un par de ocasións Alemania recibindo as correspondentes felicitación polo labor logrado.

  Tamén restaura gaitas antigas.

  No campo da percusión segue facendo tarrañolas, tamboril, pandeiro e pitos ( é un curioso instrumento o cal tocaban fai anos as parellas para acompañarse no baile, e do cal, Sito fixo unha versión para sacarlle máis partido; colócanse nos dedos índice de cada man e co simple contacto cunha superficie xa soan, incluso din que son "antiestrés").

  A medida que investiga sobre outro tipo de gaitas desenrola as súas correspondentes palletas. Na construcción da tan delicada palleta, Sito procura sacar o mayor rendemento posible, por este feito non se adica a producir masivamente, pois é un labor que require especial dedicación e interés; trátase de facer "poucas e ben". Chega entón a facer palleta para gaita: asturiana, irlandesa, escocesa, northumbriam, zampogna, charamela, alemana, e como non, galega. Esta última coñécea bastante ben e de feito son xa uns cantos os cursos de construcción de palletas os que leva dado polo mapa , dende Negreira, Taramundi, Lugo, Ponferrada ata Italia, Alemania. Só fai palletas por encargo e pouca cantidade; o prezo da palleta galega é de 18 euros.

GAITEIRO

  Comeza a toca-la gaita xunto con Antón Corral ós 13 anos en "Cántigas e Frores". Foi colaborador e membro de grupos adicados á recolleita e divulgación de músicas e costumes tradicionais como :
• Treboada
• Fiandón
• Gris Merengue
• Fuxan os Ventos (colaboracións)
• Hotel Rif( grupo de música étnica co cal colabora)

ESCRITOR

  Sito, un pouco cansado dos cursos de afinación e construcción de palletas decide plasma-la súa experiencia en afinación nun libro que titulou: "Palleta Maldita" e editou A.A.C.C.Xermolos . Este libro técnico de afinación de gaita é froito da necesidade por dar cobertura ó vació existente na actualidade sobor dos secretos de afinación da gaita galega. É un libro de fácil compresión, concebido para chagar dende ó aprendiz ata o iniciado nas artes da gaita, e feito para poder compaxinar a súa lectura coa posta en práctica do seu contido.

  Sempre tivo presente a qué público vai dirixida esta obra, e as dificultades para facela chagar a mans de estos, por ista razón e ante as dificultades encontradas no seu devagar, elixíu e asumíu todo o proceso, dende a creación ata a distribución. Encontrou apoio por parte de asociacións culturais e intelectuais da gaita galega.

  Está disponible en galego e castelán. Traduciuse ó alemán e ó francés e está pendente a súa traducción ó italiano e ó inglés. O prezo é de 12.50 euros (I.V.A. incluido)

INVENTOR

  Despois de experimentar tanto no mundo da gaita e da palleta, un dos problemas que se atopa cando se toca en sitios con clima seco, é a deformidade e sequedade da palleta polo contraste de humidade. Sito inventa pois un un tapón para o punteiro da gaita que humidifica a palleta. Faise chamar HIGROTAPÓN, e consta dun pequeño depósito cunha mecha interior, que aporta a humidade que a palleta precisa para a súa conservación.

  Fai pouco estivo en Italia un par de meses coñecendo a música popular da zona Veneta e so seus instrumentos e precisamente se perdeu despois da II Guerra Mundial a gaita Veneta chamada Piva. Esta será unha nova labor que Sito levará a Cabo, buscar documentación para reconstruir esta gaita.

 

 

C O N T A C T A R
Sito Carracedo
Tfno. 670 51 88 71
correo@sitocarracedo.com