| Si prefire ver esta páxina en español... |
ARTESÁN
Sito Carracedo é un reconocido artesán pola súa labor de investigación e construcción de diferentes tipos de gaitas europeas.
• VILLEAM PIPE O prezo destas gaitas é variable según as condicións que o cliente poida esixir. De feito, o seu traballo é para clientes interesados nun instrumento personalizado. Gaitas que normalmente constrúe: • Gaita galega ébano, anelada en plata, c/ronqueta, fol de coiro ( van con estuche ríxido todas).
Tamén restaura gaitas antigas.
A medida que investiga sobre outro tipo de gaitas desenrola as súas correspondentes palletas. Na construcción da tan delicada palleta, Sito procura sacar o mayor rendemento posible, por este feito non se adica a producir masivamente, pois é un labor que require especial dedicación e interés; trátase de facer "poucas e ben". Chega entón a facer palleta para gaita: asturiana, irlandesa, escocesa, northumbriam, zampogna, charamela, alemana, e como non, galega. Esta última coñécea bastante ben e de feito son xa uns cantos os cursos de construcción de palletas os que leva dado polo mapa , dende Negreira, Taramundi, Lugo, Ponferrada ata Italia, Alemania. Só fai palletas por encargo e pouca cantidade; o prezo da palleta galega é de 18 euros. GAITEIRO
• Treboada ESCRITOR
Sito, un pouco cansado dos cursos de afinación e construcción de palletas decide plasma-la súa experiencia en afinación nun libro que titulou: "Palleta Maldita" e editou A.A.C.C.Xermolos . Este libro técnico de afinación de gaita é froito da necesidade por dar cobertura ó vació existente na actualidade sobor dos secretos de afinación da gaita galega. É un libro de fácil compresión, concebido para chagar dende ó aprendiz ata o iniciado nas artes da gaita, e feito para poder compaxinar a súa lectura coa posta en práctica do seu contido.Sempre tivo presente a qué público vai dirixida esta obra, e as dificultades para facela chagar a mans de estos, por ista razón e ante as dificultades encontradas no seu devagar, elixíu e asumíu todo o proceso, dende a creación ata a distribución. Encontrou apoio por parte de asociacións culturais e intelectuais da gaita galega. Está disponible en galego e castelán. Traduciuse ó alemán e ó francés e está pendente a súa traducción ó italiano e ó inglés. O prezo é de 12.50 euros (I.V.A. incluido) INVENTOR
Fai pouco estivo en Italia un par de meses coñecendo a música popular da zona Veneta e so seus instrumentos e precisamente se perdeu despois da II Guerra Mundial a gaita Veneta chamada Piva. Esta será unha nova labor que Sito levará a Cabo, buscar documentación para reconstruir esta gaita.
|
Tfno. 670 51 88 71 correo@sitocarracedo.com |