SITO CARRACEDO, ARTESÁN TERMO-HIGRÓMETRO EL HIGROTAPÓN PALLETA MALDITA GALERÍA TENDA CARRACEDO INICIO
Si prefieres ver esta página en castellano...






Termo-higrómetro para punteiro de gaita


Este aparato está diseñado para controlar a humidade e temperatura na que se encontra a palleta cando empregamos o higrotapón, que se introduce no punteiro unha vez que deixamos de tocar. O que mantén en bon estado a palleta é a humidade adecuada, imprescindible que non baixe dun 45%, con humidade inferior, as palas defórmanse, perden a simetría e a vibración é defectuosa.

O termohigrómetro é hermético e non conecta co fol, xa que os foles sintéticos, despois de eliminar toda a humidade, absorben a do higrotapón. Leva unha pila na parte posterior, aislada por un plástico que debe sacarse antes de poñer en funcionamento o termohigrómetro. Para cambiala, discurriremos o medidor hacia un lado sacándoo de todo, e volveremos a colocalo da mesma maneira que o sacamos. O deixar de tocar, colocamos o higrotapón no punteiro e o punteiro no termohigrómetro. Se non queremos levar o punteiro solto no estuche, podemos introducilo na buxa.

Se temos outro higrómetro de ambiente, poderemos comprobar a humidade que está proporcionando o higrotapón.



Para cualquera aclaración ou pregunta non dubide en escribir ou chamar:
E-mail: correo@sitocarracedo.com
Tlfno: 670518871
 

C O N T A C T A R
Pode pedir o seu higrómetro ou pedir máis información por teléfono ou por e-mail.

Sito Carracedo
Tfno. 670 51 88 71
correo@sitocarracedo.com