SITO CARRACEDO, ARTESÁN TERMO-HIGRÓMETRO EL HIGROTAPÓN PALLETA MALDITA GALERÍA TENDA CARRACEDO INICIO
Si prefiere ver esta página en español...


Higrotapón para punteiro de gaita
Mantén a humedade da palleta

Despois de experimentar no mundo da gaita un dos problemas que se atopa e a sequedade e deformacions da palleta debido a climas secos ou locais acondicionados con calefacción e desumificadores. A palleta é o primeiro elemento da gaita que se expón a os contrastes de calor-frío e humedade pola proximidade ós orificios do punteiro (tamén estas condicions de ambientes son enemigos da madeira e dos anelados da gaita, máis se son metálicos).

Unha vez que se deixa de tocar e que a palleta adquiriu humedade , dependendo onde nos atopemos sufrirá un contraste de temperatura e humedade anque se manteña certo tempo coa humedade do fol. Do que se trata entón e de conservar a palleta frente os contrastes de ambientes e humidificala en caso de escasa humedade, pois como ben se sabe a cana e simplemente cana e moi sensible a todos estos cambios.

O Higrotapón, e un conservador e humidificador para a palleta. Consta dunha varilla cun depósito interior onde vai unha mecha empapada en auga que ten unha saída por onde proporciona a humedade á palleta. Vai colocado dentro do punteiro non chegando a toca-la palleta e adapatándose ás tonalidades: Re, Do, Sib, La e tamén a gaita asturiana, escocesa e toda gaita que se queira de doble cana. A conicidade do mango e a sensibilidade do muelle fan posible calquera adaptación.

Este pódese utilizar con auga facendo a función de Higrotapón, ou ben, sin auga actuando soio como tapón ( de calquera maneira queda cortado o paso ó aire). Para comezar a utilizalo e importante saber onde nos encontramos entón. Se vostede está por exemplo en Madrid, onde o porcentaje de humedade é moi pouco deberá introducilo nun recipiente con auga, a ser posible, dunha lonxitude aproximada a da varilla, e sen chegar coa auga ó mango durante uns 40 seg. ( despois da primeira carga con 20s e suficiente para enchelo de novo) e empregalo sempre con humedade. Se pola contra se atopa en Galicia, lugar de moita humedade pero toca en locales ambientados con calefacción e desumificadores, podese utilizar simplemente como tapón, sen cargar de auga, conservandose a palleta coa propia humedade do fol.

Debido á sensibilidade da cana, téndese a empregar palletas de plástico pois tamén cada vez o clima é máis seco, pero cambia o son.

A finalidade entón deste invento de Sito Carracedo, é conservar a palleta e que non se expoña a contrastes de humedade e temperatura.

O prezo especial de lanzamento do Higrotapón é de 40 euros e pódese mercar, agora mesmo en:

A Coruña:
- Traditenda
- Musical CAL
- Musical 47
Lugo:
- Arco Iris Musical - I.T.H.
Pontevedra:
- Musical Pontevedra
Santiago:
- Audio Musical
- Artesania A Mouga
Vigo:
- Musical Villanueva
Madrid:
- Garrido- Bailén

Como última aclaración, estamos facendo probas sobre o resultado do Higrotapón en zonas como Madrid, Zamora, León, e as respostas son bastante positivas pois incluso esta recuperando palletas que deixaran de tocar pola sequedade.

Para calquera aclaración ou pregunta non dude en escribir ou chamar:
E-mail: correo@sitocarracedo.com
Tlfno : 6705118871

 

 

C O N T A C T A R
Pode pedir o seu higrotapón ou pedir máis información por teléfono ou por e-mail.

Sito Carracedo
Tfno. 670 51 88 71
correo@sitocarracedo.com